Vigo al minuto

Raquel Uzal, licenciada en Tradución e Interpretación por Vigo, Premio Nacional Fin de Carreira

Raquel Uzal Gómez (Culleredo, 1988), licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, que vén de ser galardoada co Premio Nacional Fin de Carreira 2010-2011.

Xunto a Raquel Uzal, os recoñecementos que outorga o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, recaeron noutros seis estudantes da Universidade de Vigo, dous como mención, para a licenciada en Economía Tamara Otero Camba e a licenciada en Filoloxía Hispánica Alba Diz Villanueva e catro accésits, para a diplomada en Enfermaría Ana Belén Pérez Martínez, o titulado en Enxeñería Técnica Industrial Miguel García García, a diplomada en Maxisterio María Josefa Tejeda Pérez e o licenciado en Filoloxía Hispánica Jorge Diz Ferreira.

En declaracións ao Diario da Universidade de Vigo, Raquel califica este premio “como unha gran palmadiña no lombo polo traballo ben feito, a proba de que alguén ten en conta os bos resultados”, unha ‘palmadiña’ que non é a primeira posto que, xa que hai dous anos recibía o Premio Fin de Carreira de Galicia.

Para Raquel, o de menos son os 3.300 € cos que está dotado o galardón nacional, como comentou a nosa compañeira do DUVI Mari Carmen Echevarría, se trata dunha axuda para quenes se dedican ao ensino ou á investigación, “pero no ámbito no que eu traballo agora, que é a tradución de videoxogos para a multinacional Square Enix, non creo que teña ningunha repercusión”.

 

También te puede interesar