![Manifestación este sábado en Vigo](https://www.vigoalminuto.com/wp-content/uploads/2014/05/Manifestación-este-sábado-en-Vigo.jpg)
Centos de personas atenderon este sábado, Día das Letras Galegas, a chamada de Queremos Galego e acudiron á manifestación convocada en Vigo – unha das 8 que se fixeron en todo o país- para defender o valor da lingua. Baixo o manifesto ‘Un paso adiante e outro ADIANTE, Galiza!’, ao mediodía a manifestación saiu dende Vía Norte- ao tempo que o facía en A Coruña do Teatro Rosalía de Castro, da Praza de Armas – en Ferrol-, a Praza do Conde de Fontao –en Foz-, dos Xardíns de San Roque –en Lugo da Alameda, dos Xardíns Bispo Cesáreo –en Ourense- da Praza da Peregrina – en Pontevedra-, e da Porta Faxeira – en Compostela-.
En todas elas leuse o manifesto de Marica Campo no que se salientou que “á nosa lingua, foille imposto históricamente un manual de redución. A que a reduciron? á oralidade, á fala; a unha clase social, os oprimidos carentes de todo poder de decisión; a uns lugares, as aldeas; a unha idade, os vellos”, ao tempo que se subliñaba que os cidadáns galegos somos “os responsábeis de asegurarmos continuidade”.
Co eslogan ‘Un paso adiante …’ deféndese o uso do galego nos medios de comunicación, Administración, Xustiza, celebracións relixiosas, oferta de ocio, as artes e as letras, novos soportes comunicativos ou no comercio, como espacios de fala galega dun dereito conquistado.