Case o 30 % dos traballadores galegos por conta allea cobra menos do salario mínimo interprofesional –é decir, menos de 641 € ao mes- dos cales máis da metade nin sequera chegan a 320 €, segundo se extrae do informe de UGT ‘A Crise e ás desigualdades’. Nesta radiografía do mercado laboral galego, atopan tamén conclusións como que o Estado aforrará uns 300 millóns en 2014 en prestacións de desemprego en Galicia, debido ao aumento de desempregados de longa duración que xa non teñen dereito ao subsidio algún polo paro.
Segundo os datos pechados, correspondes a 2012, da Axencia Estatal da Administración Tributaria sobre os salarios en Galicia, 295.380 traballadores galegos cobraban menos de 641 € ao mes e deles, máis de 172.000 non chegaban aos 320 €.
Polo que se refire ás pesións, en 2012 un 30,7 % dos pensionistas galegos, – 236.011 persoas-, percibían unha pensión mensual inferior aos 684 €. De feito, o 74 % dos pensionistas cobra menos de 1.000 € e, hai dous anos, 109.586 pensionistas non chegaban a 342 € ao mes.