
A xunta de goberno local aprobou este venres o plan especial da colonia do Couto- que está no monte do Castro- e que “posúe unhas características peculiares en canto a patrimonio arquitectónico e paisaxístico”. Segundo o alcalde, o obxectivo final é a preservación do medioambiente, do patrimonio histórico, da arquitectura e da paisaxe.
Logo deste requisito abrirase un período de información e de presentación de alegaciónss que, logo de resoltas, seguirá coa aprobación no Pleno ainda que, ata ese intre as licenzas suspéndense nese ámbito.
Ao mesmo tempo, o Concello deu o seu voto ao informe de calidade de obra das escaleiras mecánicas que estarán na rúa II República- que vai da Porta do Sol á Ferrería- e que, dacordo co anunciado por Caballero estarían en funcionamento en outono deste mesmo ano.