O ‘Jaliñeiro de Cans’ recibe este xoves, ás 4 e media da tarde, a Pepe Solla. O chef exporá a súa particular “ollada de Cans” presentando “O ovo de Can”, máis dun cento de racións dun postre elaborado so con productos da aldea e unha das partes máis chamativas de Cans 2014.
Pepe Solla didixe ‘Casa Solla’, un restaurante que ten máis de medio século de historia, unha ‘Estrela Michelín’ e dous ‘Soles Repsol’ situado en Poio. Ademáis pertence ao Grupo Nove, formando por 21 cociñeiros que reivindican a modernidade e vixencia da nova cociña galega.
Ademáis de cociñar, Solla ofrecerá un concerto en acústico no ‘Jaliñeiro Umplugged’, tocando versión de Pearl Jam, Foo Fighters ou Ben Harper.