Galicia

2.700.000 galegos poden votar este domingo nas Eleccións Europeas

2,7 millóns electores están chamados a votar nestas eleccións en Galicia, un 2,1% máis que en 2009. Deles, 107.723 poderano facer por primeira vez nuns comicios ao Parlamento Europeo, que se corresponden con 43.123 coruñeses; 40.842 pontevedreses; 12.091 lucenses; e 11.667 ourensanos.

Con respecto a 2009, nestas eleccións concorren catro candidaturas máis -39 en total-, e os electores do cómputo xeral tamén aumentan, en 57.796. Ata os 40 anos, son máis os homes chamados a votar que mulleres, o cal acontece á inversa a partir desa idade.

Por provincias, 1.090.022 electores pertencen á provincia de A Coruña; 901.929, á de Pontevedra; 367.555, á de Ourense; e 351.699, á de Lugo.

A provincia con maior aumento de electores foi á de Pontevedra, que subiu en 24.724 persoas con dereito a voto. Pola súa banda, A Coruña conta con 17.074 electores máis; Ourense sumou 10.734; e Lugo, 5.264.

Do total dos electores, 421.833 correspóndense co censo dos residentes ausente, que viven no estranxeiro, e 7.882 son cidadáns da UE que viven en España.

 

También te puede interesar