Vigo al minuto

O BNG, satisfeito con perder votantes en Vigo paulatinamente e non de xeito masivo como PP e PSOE

O diputado Henrique Vieitez e a concelleira Iolanda Veloso, este martes/Tresyuno Comunicación

Esa é a conclusión á que chegou o Bloque nun primeiro análise, ainda non rematado, dos resultados das Eleccións Europeas na cidade. Segundo recoñeceron o deputado Henrique Vieitez e a concelleira Iolanda Veloso, “é evidente que o BNG perdeu apoio en Vigo o pasado domingo”- caeu de 9.524 votos a 7.340, pasando de un 8,88 a un 6,7%- pero “a nosa tendencia é constante, non é o mesmo que a da os dous grandes partidos”, que ceden “17 puntos” en referencia a PP, que pasou de 45.898 votos a 27.883 e PSOE, de 42.915 a 24.533-.

Para os responsables do Bloque a situación do partido “hoxe non é a mesma” que hai anos atrás algo que contrastaron á vista do traballo da militancia, “que non se veía dende hai anos”, e no feito de que pese a “baixar en votos, subimos en presenza social e achegamento á cidadanía”.

Vieitez e Veloso aseguraron que estas elección foron un “castigo ao bipartidismo PP-PSOE” e aos seus acordos a nivel local que a cidadanía non veo, como os dous partidos dixeron, como “beneficioso” para os veciños.

Polo que se refire ao feito de que ‘Podemos’- que non ten sede, nin representación en Vigo, que non fixo máis campaña aquí que unha charla de Pablo Iglesias e que tampocuco tivo repercusión algunha nos medios tradicionales de comunicación, e que acadou 13.593 votos, multiplicando por dous os obtidos polo BNG e quedándose a 1.000 de ser a terceira forza política na cidade- os representantes do Bloque saudaron “este camiño e non o de outras opcións fascistas e xenófobas que destacaron noutros países europeos”, pero subliñaron que sí tivo “repercusión, durante tres anos en canles de televisión privados”– lembrando a participación de Pablo Iglesias nun programa de La Sexta.

 

También te puede interesar