Unha focha de 8 metros de profundidade apareceu este mércores na rúa Camelias- preto da entrada ao Hospital Nicolás Peña- durante as obras de reforma que se están facendo na avenida. Foi sinalizada e valada para evitar calquera accidente e, nas últimas, tapada parcialmente. Segundo soubo vigoalminuto, a mesma foi causada por unha condución de auga, avariada, que foi socavando o terreo.
Os veciños pídenlle ao Concello que tome medidas para evitar que sigan os afundimentos e denuncian que as canalizacións de abastecemento teñen, a lo menos, 50 anos, que non foron reparadas ou cambiadas neste tempo e que, polo mesmo, é o momento de poñer unhas novas aproveitando a humanización que se está a facer en toda a rúa.