Xa pasaron sete anos dende que Rubén Riós chegou cun equipo audiovisual a una pequena aldea do interior de Galicia para rodar unha historia chea de maxia e realidade social, ‘Adeus Edrada?’. Na mesma comprobou como unha aldea case sen xente ofreceulles unha aventura, tanto persoal como audiovisual, inigualable que levou á cinta a facerse co Premio á Mellor Curtametraxe de Ficción dos Mestre Mateo 2007 e a levar a mesma a máis de cuarenta certames.
Na rodaxe, un home do lugar abriulles as portas do seu fogar para axudarlles e ofrecerlles toda a súa vontade e enerxía para que a curta fose un éxito: Adolfo, un dos últimos habitantes de Edrada.
O equipo regresou a Edrada para desenrrolar un proxecto sociolóxico xunto cun grupo de 25 alumnos do IES A Pontepedriña, de Santiago. Durante dous días conviviron na aldea para coñecer o proceso de producción dun proxecto audiovisual e para vivir a realidade dunha aldea casi valdeira.
Ademáis, o obxectivo deste experimento era realizar unha comparanza entre a realidade rural de Galicia e a doutros países, xa que acudiron rapaces de Suecia, República Dominicana, Rumanía e Estados Unidos entre outros, quienes fueron quen de aprender a falar en galego, axiña e bastante ben, ademáis de visitar o Museo Etnográxico de Vilariño de Conso, no que atoparon moitos aparellos dos diferentes oficios da zona.
‘O meu último avó’ é unha aventura didáctica que quere achegar o patrimonio cultural, amosando que unha pequena aldea pódese transformar nun plató de cine, ademáis de ser unha homenaxe a Adolfo, o home que ofreceu todo para que ‘Adeus Edrada?’ fose unha realidade.