Vigo al minuto

Cine de Primavera de Vigo, toma terceira, ¡acción!

O alcalde, xunto cos organizadores do festival, este martes na presentación do mesmo diante do Auditorio do Concello/Tresyuno Comunicación

As proxeccións do terceiro festival de filmes Primavera do Cine en Vigo comezarán este  mércores nos auditorios do Concello e do MARCO, e finalizarán o próximo domingo 8 de xuño.

Organizado por “Musiquina 33 mg” e “Reencanto Produccións”, arrancará esta mesma tarde de martes ás 7 e media da tarde no MARCO co coloquio “¿Discriminación consciente?” que abranguerá o papel da muller no sector audiovisual galego e que contará, entre outras, coa presenza de Chelo Loureiro, Margarita Diego ou Sonia Méndez.

A partires de mañá mércores 4 de xuño, darán comezo as proxeccións das longametraxes, curtometraxes e videoclips programadas ata o próximo domingo, día 8, e que se poderán ver no auditorio do Concello e no auditorio do MARCO , por un prezo popular de 2,5 €.

Segundo a directora do festival, Ana Laura Pereira, esta é unha oportunidade para que “todos os vigueses e viguesas vexan os filmes que se fan en Galicia por galegos e galegas”. Pereira, quixo recoñecer ademáis , as aportacións do Concello e dos pequenos comerciantes e patrocinadores, xa que sen os seus esforzo non sería posible levar a cabo esta terceira edición.

Ás proxeccións asistirán a maioría dos directores e directoras das obras audiovisuais participantes no festival. Tamén estará presente o recoñecido actor Manolo Zarzo na proxección de “Blockbuster”, o filme que protagoniza.

Este terceiro Festival Primavera de Cine en Vigo ten un contido altamente reivindicativo, como indicou o programador Alfonso Castaño, xa que no peche do mesmo, farase unha Mención Honorífica a CIMA, unha asociación de cineastas do medio audiovisual que promove accións para acadar unha situación máis equitativa no mesmo, cunha presenza máis salientable de novas realizadoras, actrices, guionistas ou especialistas no eido audiovisual.

 

También te puede interesar