O Servizo Galego de Saúde insiste en que “hai argumentos sólidos baseados en datos” para o peche de camas en hospitais públicos de Galicia durante o verán. O director xeral de Asistencia Sanitaria salientou este mércores no Parlamento de Galicia que esta medida “iguala a oferta á demanda”.
Esta foi a resposta de Félix Rubial, na Comisión de Sanidade á pregunta da deputada do BNG Monste Prado, quien acusou á Xunta de “mentir, falsificar e manipular os datos para xustificar o peche de camas”, unha afirmación que o director xeral calificou de “inadmisible” e que a deputada non retirou.
Ruibal sinalou que a decisión do Sergas baséase no obxectivo de “prestar unha asistencia segura e de calidade” ademáis, engadiu, Sanidade ten un “colchón do 25 por cento de camas que poden ocuparse se é necesario” e sinalou que no verán “é cando hai máis permisos de vacacións para o persoal”.