Galicia

A Xunta firma un convenio de 8 anos con Povisa por un total de 600 millóns

O Consello da Xunta autorizou este xoves o concerto de contratación de servizos de asistencia sanitaria especializada no Hospital Povisa de Vigo, marcando un tope máximo de orzamento para o 8 anos iniciais do acordo de 600 millóns de euros.

Así o indicou o presidente da Xunta durante a roda posterior á reunión semanal do seu Goberno, onde confirmou que o concerto aplicará un orzamento de 540 € por persoa e ano segundo o número de usuarios, co que o máximo se situaría nos 75 millóns anuais.

Fronte ao “modelo actual”, a poboación de áreas próximas poderá elixir “libremente” acudir ao hospital Povisa se está asignada aos centros de saúde dos concellos de Cangas, Bueu, Marín, Moaña, Baiona, Nigrán ou Gondomar, así como os de Vigo que a Administración determine.

O concerto mantén a carteira de servizos actual e a poboación de referencia terá un límite máximo de 139.000 persoas. O concerto terá unha duración inicial de oito anos e poderá ser prorrogado até un máximo de dous anos adicionais.

Así mesmo, anualmente asinarase entre o Hospital Povisa e o Sergas un acordo de xestión que recollerá os obxectivos e indicadores asistenciais que deberá alcanzar o centro para ese ano. O incumprimento dos obxectivos establecidos penalizarase até co 3 % do importe anual establecido.

 

También te puede interesar