Numerosos furgóns e axentes policiais controlan os acesos a Santa Clara, en Compostela, onde se agarda a asistencia a un acto de María Osório, en busca e captura por non entrar en prisión para cumplir a pena imposta pola sua pentenza a Resistencia Galega. Os axentes revisan os coches e tamén identifican ás persoas que se achegan ao acto.
Hai que lembrar que Ceivar convocou o devandito acto no que está previsto que Osório explique a súa situación. Osório está a ser buscada pola Policía desde o pasado 12 de maio por orde xudicial despois de que a sentenza da Audiencia Nacional fíxoa firme o Tribunal Supremo. Ceivar critica que “en lugar de seguir o procedemento habitual e esixirlle que escollese unha data de ingreso no cárcere, os xuíces decretaron directamente a busca e captura unha vez a sentenza foi firme”.
A Audiencia Nacional emitiu o pasado ano unha condena por terrorismo en relación a Resistencia Galega con penas de entre 10 e 18 anos de cárcere para o catro primeiros activistas xulgados deste grupo radical independentista.
A maior condena recaera sobre Eduardo Vigo Domínguez e Roberto Rodríguez Fiallega -18 anos de prisión para cada un-, polos delitos de participación en organización terrorista -8 anos-, falsificación de documento oficial con fins terroristas -outros dous- e tenencia de explosivos con fins terroristas -oito anos-.
Para Antón Santos Pérez e María Osório López a pena foi de dez anos para cada un, oito por participación en organización terrorista e outros dous por falsificación en documento oficial con fins terroristas.