Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másAfectados polas Preferentes piden axuda para poder pagar as multas que teñen por manifestarse
A coordinadora das plataformas de afectados por preferentes e subordinadas edita un bono-axuda conmemorativo das mobilizacións para afrontar “multas e sancións gobernativas”, así como “gastos dos seus recursos”.
Neste sentido, a coordinadora destas plataformas remarcou, nun comunicado, que membros destes colectivos teñen que pagar 20.000 € de sancións gobernativas “inxustas” por defender “pública e pacificamente os seus dereitos na rúa”. De feito, a coordinadora afirmou que isto é “consecuencia directa do acoso e persecución por parte dalgúns cargos do PP”.
Ante esta cuestión, a coordinadora esixiu a “retirada” destas multas, xa que, na súa opinión, se “impuxeron de xeito arbitrario e inxustificado”.
As plataformas afectadas recorreron as multas, ademais de promover unha “recollida solidaria de fondos para afrontar os gastos dos recursos xudiciais e dos derivados das denuncias presentadas por alcaldes do PP contra membros destes colectivos”.
A coordinadora destas plataformas fixo un chamamento explícito ás persoas que foron estafadas e xa recuperaron os seus aforros e á sociedade en xeral para que colaboren con esta causa. E é que sostén que “sen a loita de todos” non sería posible que recuperasen o seu diñeiro.