
Segundo veñen de confirmar fontes do Bloque Nacionalista Galego en Vigo, a actual voceira municipal nacionalista, Iolanda Veloso non será a candidata do BNG á Alcaldía da cidade nas Eleccións Municipais de dentro dun ano.
As mesmas fontes indican que a concelleira comunicou a súa decisión aos responsables do Bloque e explicou que esta decisión ven vencellada á de non presentarse na lista nacionalista en maio de 2015.
Sobre os motivos, estos son “persoais” e teñen que ver coa súa intención de retormar a súa carreira profesional lonxe da primeira liña da política municipal.