Comarcas

O BNG denuncia o abandono da PLISAN e destapa as diferencias entre Xunta, Porto de Vigo e Zona Franca

O voceiro do BNG en As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, xunto a conceleliros de Salvaterra e a deputada Carme Adán, na Plisan

A pregunta formulada pola deputada do BNG, Carme Adán, no Parlamento de Galicia sobre a paralización da  Plataforma Loxística e Industrial de Salvaterra- As Neves (PLISAN), logo do incumprimento da súa posta en marcha no ano 2013 e o anuncio de compra de 120.000 metros cadrados para o centro loxístico de Transportes para Vigo, parece ter destapado as diferencias dentro do Partido Popular.

Mentras que a directora xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGUS), Teresa Gutiérrez López, afirmou que se están a valorar os proxectos mineiros pero a Xunta non manexa “datas nin proxectos  concretos” sobre o desenvolvemento da Plisan, o presidente da Xunta amosou que non é da mesma opinión.

Alberto Núñez Feijóo subliñou que Zona Franca y Puerto – as dúas institucións dirixidas polo Parido Popular- xa coñecen hai tempo a nova proposta do Goberno galego- que suple á presentada en 2001 e afirmou que “no caso de que os dous centros da Administración do Estado [Porto de Vigo e Zona Franca] non o consideren oportuno [desaproveitando a proposta] a Xunta seguirá executando en solitario a súa parte da Plisan, que é o 18% da súa superficie, en total uns 550.000 metros cadrados”.

Pola súa banda, a deputada nacionalista, como xa fixera o voceiro do grupo municipal do BNG en As Neves, Xosé Rodríguez Méndez, denunciou o feito de que a Xunta “non tivera os deberes feitos” no ano 2011 para que Mitsubischi puidera instalarse con todas as garantías xurídicas na Plisan e agora “non hai ningunha garantía de nada”.

A Plisan, remarcou Adán, é  unha necesidade para o sur de Pontevedra pero converteuse “no maior fiasco” na dotación de solo industrial, empresarial e loxístico de Galicia cun importante investimento de fondos públicos a cargo de tres administracións gobernadas polo Partido Popular que “hoxe é unha extensión abandonada que semella unha paisaxe lunar”

 

También te puede interesar