É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO comité de empresa da TVG condena que a canle pública emitise fotos de Asunta Basterra
O comité de empresa da TVG condena que a canle pública sacase á luz unhas fotografías procedentes do sumario xudicial de Asunta Basterra, a nena asasinada en Teo. A representación dos traballadores considera que estas fotografías están “protexidas polo dereito á honra e á intimidade da menor” e que a súa emisión, “ademais de contravir todos os códigos deontolóxicos, podería vulnerar gravemente tamén a lei do menor”.
Ao respecto, nun comunicado de prensa, lamenta que fose “precisamente a canle público galego o primeiro responsable da emisión, vía exclusiva, dunhas fotografías que rapidamente foron reproducidas noutros medios do resto do Estado, o que sitúa a TVG na orixe dunha grave irresponsabilidade intolerable nun medio de comunicación público”.
O comité condena tamén o tratamento informativo que posteriormente lle deron a esa exclusiva os informativos da TVG, ao optar, critica, “por reproducir de novo as imaxes en cuestión”. “Antepuxeron o criterio das audiencias ao da responsabilidade e o cumprimento da lexislación, o mesmo que lamentablemente fixeron a web e o Facebook de la Compañía”, censura.
A representación dos traballadores da TVG sinala que ‘Galicia 112’ – responsable da exclusiva – “é un programa de produción externa elaborado pola produtora Pórtico”, e denuncia “a incompetencia e a falta de profesionalidade e criterio dos responsables da programación e do control de contidos da canle pública por non paralizar a tempo a emisión desas imaxes”.