Cultura

¡Si, #ArdeLucus!

A décima edición do ‘Arde Lucus‘, que se celebrará dende este venres, 13 de xuño, ata o día 15, abrangue máis de 200 actividades, 70 delas “novidosas”, e que organizan máis de 20 asociacións lucenses e o Concello, entre as que se inclúe un desfile de tropas romanas.

O desfile do ‘Arde Lucus’ celebrarase o sábado a partir das 8 da tarde arredor da Rolda da Muralla, -que permanecerá cortada ao tráfico- e as tropas, con máis de 800 soldados romanos, xuntaranse á altura da rúa Bispo Aguirre.

O circo romano tamén chegará o sábado, ás 6 da tarde, na explanada do Pavillón Municipal e accederase logo de pagamento de 2 € de entrada. O Concello de Lugo indicou que habilitará unha zona de acampada no Pazo de Feiras, cunha dispoñibilidade de máis de 1.000 prazas para os asistentes.

 

También te puede interesar