Centos de persoas seguen facendo cola para entrar na Estación Marítima de Vigo –na terminal de trasatlánticos- para entregar o seu currículo ou lograr unha entrevista nalgún- ou en varios- dos 30 postos de empresas, como PSA Peugeot Citroën, El Canario, Doral Residencias, Leroy Merlín ou Academia Postal, ou entidades públicas, como o Exército ou a Deputación de Pontevedra – que participan, este venres e mañá, sábado, na feira de emprego, Empregalia.
As previsións son que, segundo a organización, se asinen 70 contratos de traballo durante estes dous días nos que Empregalia estará aberta- hoxe ate as 8 e media da tarde e mañá dende as 9 da mañá ate a 1 e media.
Entre os profesionais máis buscados polas empresas hai que salientar enxeñeiros, mecánicos, empregados de limpeza, técnicos informáticos, comerciais, soldadores ou operarios de maquinaria.
Pasadas as 10 da mañá, a uns 10 metros da ringleira de entrada, uns vinte delegados e militantes de la CIG, encabezados por su secretario comarcal, Serafín Otero, iniciaron unha protesta para denunciar a celebración desta feira que calificaron de “acto de propaganda do PP”.
Otero subliñou que estos actos non aportan solución algunha á creación de emprego e denunciou que “as mesmas empresas que participan ofrecendo emprego, despediron a centos de persoas nos últimos anos polo cal, veñen a ofrecer contratos en precario para pagar menos polos mesmos traballadores, pero mellor formados”.