Galicia

O número de parados maiores de 45 anos medrou en Galicia un 124% dende 2009

O número de desempregados maiores de 45 anos medrou un 124% en Galicia dende 2009 e xa hai 93.300 galegos que superan esa idade que non teñen traballo fronte aos 41.500 que había en 2009.

Segundo datos da Fundación Adecco, esta cifra de maiores de 45 anos é moi superior ao incremento do número de parados a nivel xeral en Galicia, que foi do 84% , mentres que neste último ano 5.700 novos parados maiores de 45 anos se sumaron ás listas do desemprego, de xeito que o 31,4% dos 296.900 parados en Galicia supera esa idade.

Ademais, na enquisa realizada por Adecco, o paro de longa duración e a ausencia de perspectivas laborais potencian o desánimo dos maiores de 45 anos. En moitos casos, afrontan a súa busca de emprego con carencias de autoestima e desconfianza nas súas posibilidades.

Deste modo, grande parte dos enquisados en Galicia (62,1%) opina que tardará máis dun ano en facerse un sitio no mercado laboral.  Un 19,5% cre que tardará dun a seis meses; seguido dun 13,8% que afirma que o levará de sete meses a un ano. Por último, un 4,6% móstrase optimista coa crenza de que atopará unha ocupación en menos dun mes.

 

También te puede interesar