A cifra de negocios da industria en Galicia durante o mes de abril retrocedeu un 3,7% e, no que vai de ano, acumula un decrecemento do 2,8%, segundo os datos difundidos este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
No conxunto do Estado, a cifra decreceu 1,3% o pasado mes de abril respecto ao mesmo mes de 2013, mentres que as entradas de pedidos do sector se dispararon un 6,9% na taxa interanual.
En Galicia o índice do volume de negocios sitúase no 96,7 en abril, o que supón unha baixada do 3,7% con respecto ao mesmo mes do ano anterior e, no que vai de ano, un decrecemento do 2,8%. Con respecto ao mes de marzo de 2014, a taxa mensual experimentou unha baixada do 5,7%, segundo se desprende das táboas do INE.