A partir de setembro, a cidade olívica acollerá unha das oficinas de orientación e asesoramento para que aos cidadáns consulten as súas dúbidas sobre a factura eléctrica, así como as medidas que poderían adoptar para reducir o seu gasto no recibo.
A iniciativa baixo o título Electricidade: un camiño cara ao aforro, constará de sesións explicativas ofrecendo información sobre o mercado eléctrico actual en diversos concellos. Ante a situación de desconcerto e de desconfianza xerada no sector enerxético, a campaña indica catro vías para unha redución do gasto baseadas na mellor elección do tipo de contrato e tarifas, a potencia e o equipamento.
Posteriormente, en tres meses iníciase a apertura de dez oficinas na provincia para atender de forma personalizada aos habitantes que o desexen, mediante técnicos da Unión de Consumidores. Ademais de Vigo, abriránse as oficinas en Pontevedra, Redondela, Lalín, A Estrada, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Cangas, Ponteareas e Tui.