Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másDenuncian ataques de cans asilvestrados a persoas, no Campus da Universidade
Dende hai varias semanas, segundo alertan varias persoas que traballan ou estudan lo Campus da Universidade de Vigo, en Lagoas-Marcosende, estanse producindo ataques de cans a persoas. “É un problema recorrente, que vimos detectando dende hai anos, polo que se avisou en varias ocasións ó servizo de seguridade, ó laceiro e á policía municipal para que actúen e tenten soluciona-lo problema”, comentou a vigoalminuto un dos profesores.
Nalgún caso, indica, conséguese capturar algún can, pero moitas veces escapan e escóndense en zonas veciñas ó campus, estando cada vez máis asilvestrados e agresivos.
Conscientes do problema que isto supón, estudantes, traballadores e profesores advirten a todos os que vaian ao campus que eviten aproximarse a eles e que en ningún caso lles den alimento para que “a zona non se converta en zona de atracción para o abandono de cans”.
Segundo soubo esta redacción, efectivos da Policía Local achegáronse varias veces ata o lugar pero non foron quen de coller a ningún destos cans- calculan que uns 9 ou 10- posto que fuxen cara a zonas de árbores onde é moi difícil atopalos e atrapalos, algo que requeriría estar varias horas seguidas vixiando e que, dada a dotación da Unidade Medioambiental de Intervención Rural, é imposible.
O problema pode agravarse posto que nuns días empezan os campamentos ‘Campus camp’ para fillos do persoal da Universidade e a presenza destos cans – que van en manada- pode ser un perigo para os rapaces.