O BNG fai un chamamento á cidadanía para que participe nas concentracións e actos de protesta, nas principais cidades galegas, este xoves en protesta pola coroación de Filipe VI baixo o lema ‘Polo dereito dos povos a decidir, pola república galega’.
O Bloque, que non participa no acto de coroación de Filipe de Borbón defende “un troco no actual modelo de Estado que, tendo como base a Monarquía e o bipartidismo PP-PSOE, está acabado e deslexitimado pola corrución”.
O que os nacionalista chaman ‘Operación Filipe’ non é máis, salientan, que “un golpe dos partidos do sistema e dos poderes económicos para continuar mantendo un réxime caduco que non pode dar solución aos problemas da maioría social”.
As concentracións serán en A Coruña: 20:00h. Casa Do Mar; Ferrol: 20:00h. Praza do Himno Galego; Santiago de Compostela: 19:30h. Praza de Praterías; Lugo: 19:00 H. diante da Subdelegación do Goberno; Ourense: 20:00h. Praza Maior; Pontevedra: 20:30h. Praza da Peregrina; Vigo: 20:00h. na Cruz do Castro; Vilagarcía de Arousa: 20:30h. Praza de Galiza; Burela: 20,30h, Praza da Mariña; Cangas: 20,30h, diante do Concello; O Barco: 20:30h. Praza do Concello; Boiro: 20:30h. diante do Concello; Noia: 20:30h. diante do Concello; Monforte de Lemos: 20:30h, na Praza de España.