Galicia

Os galegos, os que menos satisfeitos estamos, en todo o Estado, coa nosa vida

En concreto, a media de satisfación situarse en 6,1 puntos nunha escala de cero a 10, segundo a enquisa de condicións de vida correspondente ao ano 2013 que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

De acordo con esta enquisa, que se realiza anualmente de forma harmonizada en todos os países da Unión Europea, a satisfacción dos galegos tamén é a máis baixa coa situación económica (5,2), coa vivenda (6,8), co traballo actual (6,4) e coas relacións persoais (7,2).

Ainda é moito peor a confianza que temos no sistema político: un 1,5; co cal, xunto con Cantabria, Galicia volve ser a comunidade que pecha a táboa, como na confianza no sistema xudicial (2,5). En canto a confianza na policía, a nota é de 5,1, como Andalucía e unicamente por enriba de Euskadi (4,7), e  tamén somos os máis desconfiados cos demáis, onde sacamos un 5,6.

Estadística reflicte que a taxa de risco de pobreza é do 17,2 en Galicia e dun 24,3% polo que atingue a risco de exclusión social. Esto ten que ver co feito de que en canto a carencia material, o INE sinala que un 59,2% dos galegos non pode permitirse ir de vacacións polo menos unha semana ao ano; un 5,5% non pode permitirse unha comida de carne, polo ou peixe polo menos cada dous días; un 12,2% non pode permitirse manter a vivenda cunha temperatura axeitada; un 36,6% non ten capacidade para afrontar gastos imprevistos e un 5,2% tivo atrasos no pagamento de gastos relacionados coa vivenda -hipoteca ou aluguer, recibos de gas, electricidade ou comunidade- no último ano.

Ademáis, un 2,4% dos galegos non poden permitirse dispoñer dun automóbil o 5,2% non pode permitirse dispoñer dun ordenador persoal e un 4% dos fogares teñen escaseza de luz natural.

 

También te puede interesar