Máis de 3.000 persoas rodearon este sábado o Parlamento de Galicia atendendo o chamamentto feito pola Plataforma das Marchas pola Dignidade para denunciar que a Cámara galega xa non lles representa e esixir que se poña ao servizo dos cidadáns.
Baixo o lema ‘Pan, traballo e teito’, a protesta saiu, pasado o mediodía da estación do tren de Compostela para percorrer as rúas da capital e rodear o Pazo do Hórreo atendendo un chamamento feito, á mesma hora, en varios territorios do Estado.
Durante a protesta, secundada por Alternativa Galega de Esquerda (AGE), as centrais STEG, CUT’ os Bombeiros dos parques privados de Galicia ou o Sindicato Ferroviario, os manifestantes berraron lemas como ‘Na mobilización está a solución’ ou ‘Aquí está, aquí se ve, a clase obreira galega en pé’.