Vigo al minuto

Advirten de que haberá pacientes mal diagnosticados coa eliminación dos laboratorios do novo hospital

O novo hospital de Vigo

Traballadores sanitarios do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) advertiron este luns que existe un “risco moi importante de que haxa pacientes infradiagnosticados” se a Xunta segue adiante coa súa pretensión de que o novo hospital non teña laboratorio de microbioloxía. En rolda de prensa, os traballadores subliñaron que non hai ningún estudo, nin xustificación médica que secunde esta decisión e alertaron de que o feito de que todas estas probas se fagan no Meixoeiro “será un atranco máis no diagnóstico dos doentes”.

Na súa opinión, ademáis de ser outro paso máis na intención de privatización da sanidade pública, deixa máis ás craras o feito de que o novo hospital terá servizos deficientes que nada teñen que ver co proxecto presentado no seu día, “no que estaba contemplado un laboratorio de preto de 1.500 metros cadrados que, de feito, quédase en pouco máis de 380”.

Detrás disto, indicaron, está a intención do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) de “aforrarse” 31 millóns acabando coa metado dos xestores dos servizos asistenciais, o cal “vai facer que a asistencia, a atención e os servizos aos enfermos sexa moito peor”. Por elo anunciaron o inicio de mobilizacións, empezando pola deste martes, cunha concentración diante das obras do novo hospital.

 

You may also like