
A Secretaría de Estado de Comercio incluirá a Vigo entre as 14 cidades que serán declaradas “zona de gran afluencia turística” o que permitirá á maioría dos comercios non ter que cumplir as limitacións horarias.
Segundo confirma Galicia Confidencial, a Lei de horarios comerciais de Galicia permite que nestes espazos non se apliquen as limitacións -peches en domingos, festivos, entre elas- ás que sí están suxeitos os comerciantes doutras áreas.
Para chegar a ser seleccionábel para esta distinción, o Concello tivo que superar un complexo trámite burocrático diante da Xunta: un dos criterios a cumprir nas cidades de máis de 100.000 habitantes como Vigo é superar as 500.000 pernotacións en hoteis durante un ano.