Gmail, xa en galego

O portal Mallando no Android informa que Gmail, o correo electrónico de Google, xa se pode utilizar en galego, “para ilo só temos que entrar na configuración da nosa caixa de correo e selecciónalo”.

Mallando no Android reunírase cos directivos do Google en Madrid hai uns meses a debido a campaña  #AndroidEnGalego, que busca que o galego seña un idioma nativo nos trebellos cuxo sistema operativo é Android, é dicir, a maioría dos teléfonos intelixentes e tabletas que hai no mercado arestora.

Os responsables de Google comprometéronse a traducir o Gmail mentres Mallando no Android seguiu impulsando iniciativas como introducir comentarios nos foros de desenvolvemento da empresa e recoller firmas para que Google teña máis en conta o idioma de Galicia.

 

También te puede interesar