É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másIngresados os dous traballadores de Citroën que estaban en folga de fame
Segundo ven de informar a CIG, Henrique Pérez e Miguel da Pía, os dous traballadores de Citroën que estaban en folga de fame dende hai unha semana para denunciar dous despedimentos na empresa foron hospitalizados este martes.
Ambos os dous foron trasladados ao Xeral a primeira hora deste martes debido a un empeoramento no seu estado de saúde, á hora de redactar esta información estaban en Observación sendo rehidratados con soro.
A CIG adiantou que a protesta non remata e que outros dous traballadores, Manuel Domínguez e Ernestina Rodríguez retoman a folga de fame iniciada por Da Pía e Pérez.