Destacados

O alcalde de Lugo intervén a concesión de servizo de recollida de lixo logo de máis dun mes de folga

Acumulación de lixo nunha rúa de Lugo

O alcalde de Lugo ven de anunciar este venres a “intervención temporal” da concesión do servizo de recollida do lixo na capital, logo de que, pasado un mes de folga por parte dos traballadores de Urbaser, a plantilla e a empresa non chegasen a un acordo- logo da pasada xuntanza de máis de 7 horas- e a acumulación de lixo nas rúas lucenses empece a crear problemas de saúde.

López Orozco sinalou que o luns, a empresa Tragsa comezará a recoller os residuos, cubrindo os servizos mínimos, e actuando naquelas partes da cidade nas que os mesmos supoñan un perigo sanitario grave.

 

You may also like