Máis de 2.000 persoas presentaron solicitudes ao programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación 2014 que, para este ano, ten un orzamento total de 2 millóns de euros.
Vigo é a único concello do Estado que aprobou unhas axudas destas características, aprobadas o pasado 30 de maio.
Nesta ocasión, podían optar os veciños que leven máis dun ano empadroadas na cidade e que, en conxunto, non superen uns ingresos semellantes aos salario mínimo: 645,30 €- que é o mesmo que en 2013-.