É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másMultitudinaria manifestación en apoio aos traballadores despedidos de Citröen
Centos de persoas apoiaron este martes, manifestándose dende a Praza de América á factoría de PSA, a David e Paco, despedidos da fábrica de Citroën en Vigo o pasado 24 de xuño, ademáis de a Henrique Pérez e Miguel Anxo Dapia, integrantes da CIG e que, durante varios días- ata que tiveron que ser hospitalizados- permaneceron en folga de fame dentro da propia empresa –folga que continúan Manuel e Eduardo, e que cumpre hoxe 16 días-.
Segundo os representates da Central Intersindical Galega (CIG) os despidos non so non están xustificados senon que forman parte dunha ‘campaña de terror’ para evitar que outros traballadores se enfronten á empresa, dado que a medida tomouse sen, siquera, facer unha amonestación ao advertencia a Henrique e Miguel.
A CIG, ademáis de subliñar que esta é unha máis das consecuencias das medidas laboráis adoitadas polo Goberno, denunciou o comportamento doutros sindicatos, “como Comisións Obreiras” que “calan e se entregan e prefiren vivir tranquilos sen se buscar problemas”.
David e Paco agradeceron a asistencia dos centos de persoas e amosaron a súa intención de seguir esixindo a súa readmisión xa que, insistiron, non houbo motivo algún para o seu despedimento