O Goberno vai agora polos “leiraparking”, as fincas que están preto das praias do Morrazo onde podía deixarse o coche durante todo o día pagando un par de euros. Semella que o daño que poden facera o tecido produtivo é meirande que o que causan esas empresas nas que os traballadores están contratados a media xornada pero fan 8 horas…ou se cadra é moito máis doado- e da menos que facer- que inspeccionar algunha daquelas.
O caso es que inspectores de Traballo visitaron varios destes aparcadoiros e advertiron aos propietarios de que iban a multalos – mesmo poderían perder a pensión ou o paro- se non se daban de alta como autónomos antes deste xoves, día 16. O resultado? pois o peche das leiras e, como consecuencia, falla de aparcamento, colas e atascos de tráfico, estos días de máis calor, especialmente en praias coma Pinténs, onde mesmo a Policía Local tivo que cortar os acesos porque xa non podían entrar nin sair os coches.
É verdade que este ‘leiraparkings’ están sen regular, pero a realidade é que so funcionan dous meses ao ano e, como din os veciños, “so están cheos os fins de semán que fa ibo tempo”, polo cal a cantidade de cartos que gañan os seus propietarios- moitos dos cales viven cunha paga que non chega aos 645 € de salario mínimo- non supón un ‘fraude masivo’ e tampouco é unha actividade ‘sumerxida’ posto que deixar o coche nunha leira mentres vas á praia é un costume.
O caso é que o propio concello de Cangas entendeu que o peche dos ‘leiraparkings’ vai suponer, ademáis dun inconvinte para que a xente vaia ás súas praias en coche, unha perda para os negocios que dependen do verán para vivir- como bares e chiringuitos- e comprometeuse cos propietarios a solucionar o problema para evitar que, como xa fixeron moitos donos de fincas, se pechen. “Non me compensa darme de alta como autónomo, perdo máis do que ia gañar e non vou a poñer en perigo a pensión, así que acabouse”, comenta un dos propietarios.