O presidente Feijóo instou aos usuarios da AP-9 a denunciar á concesionaria da mesma polos constantes atascos, que se están a producir este verán, nas cabinas das peaxes. “Que a concesionaria provoque os atascos é algo que non podemos aceptar”, dixo Feijóo.
O xefe do Goberno galego engadiu que “os servizos de Consumo da Xunta están a disposición de calquera cidadán para tramitar a denuncia que se poda producir”, ao tempo que deixou patente o seu malestar co Ministerio de Fomento ante esta situación tendo en conta que é o propietario da autoestrada “que é a máis cara de España”, concluiu o presidente.