Galicia

Arde un camión e 8 colectores durante o día 44 da folga de recollida de lixo en Lugo

A empresa Urbaser, concesionaria do servizo de recollida de residuos de Lugo, informou este mércores que pasadas as 4 da madrugada resultou calcinada a cabina dun dos seus camións-  que estaba no aparcamento videovigilado que a concesionaria ten no concello de Vilalba– e que foron queimados oito colectores na cidade, onde se cumpren 44 días de folga na recollida do lixo.

A Garda Civil confirmou que tratábase dun camión de recollida de vidro e que o lume que quedou extinguido ás 5 e media. Ademáis, os axentes estimaron que o incendio foi provocado e non desbotaron que estea vinculado á folga.

Tamen, durante a pasada noite, resultaron queimados oito colectores, catro deles na rúa Rafael de Vega, feiros ante os cales, Urbaser lamentou que “se radicalice” o conflito do lixo en Lugo advertindo de que “esta non é a vía para conseguir nada” e culpando aos traballadores da continuidade do paro.

O certo é que a empresa contratou ‘equipos de reforzo’- formadas por persoal alleo á empresa- para a recollida de lixo- que traballan dende este martes en xornada diúrna e non pola noite, unha medida que Urbaser xustifica acusando aos traballadores “se negan a cumprir o servizos mínimos”.

 

Te podría interesar