Galicia

Galicia, a comunidade do Estado que perde máis autónomos, 18.700

Galicia é a comunidade que sofre a maior caída de traballadores por conta propia no segundo trimestre de 2014, concretamente 18.700 menos que no mesmo período de 2013. Segundo os datos da Unión de Asociacións de Traballadores Autónomos e Emprendedores (Uatae), esta cifra é cuatro veces superior á media do Estado, que rexistra 52.000 autónomos menos no mesmo periodo.

Estas cifras”tampouco son positivas no segundo trimestre, ao rexistrarse 600 baixas en relación co anterior”, aseguran dende UATAE. Na súa opinión, esto supón un “xerro de auga fría” nas expectativas do aumento do traballo por conta propia que adiantou o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

“É preocupante a sangría que sofre Galicia, superior ao ano pasado, cando as  expectativas económicas eran ainda peores que hoxe”, e, especialmente que “a Enquisa de Poboación Activa (EPA) reflicta unha caída tan grande en Galicia que queda como a comunidade con maior caída anual de autónomos”.

 

También te puede interesar