Galicia

Dous mortos e 150 feridos nas estradas galegas a pasada ponte de Santiago

O 061 atendeu, na ponte de Santiago, a 150 personas feridas en 73 acidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do xoves e a medianoite deste luns. Nestes días, a central do 061 recibiu 84 chamadas, 26 delas este domingo.

Pontevedra foi a provincia que rexistrou máis accidentes, 33, seguida de A Coruña, 23, Lugo, 11, e Ourense 6, ainda que o sinistro máis importante foi o de Abadín, o sábado, con medio cento de coches implicados, 40 feridos e unha muller falecida.

En total, mobilizáronse 145 recursos sanitarios, as ambulancias medicalizadas acudiron a 8 sinistros, os helicópteros a 6, as ambulancias asistenciais a 90 e os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia 11 veces.

En 114 casos os feridos foron trasladados centros sanitarios correspondientes, 19 lesionados foron atendidos no mesmo lugar do e 15 foron derivados ao Centro de Atención Primaria. Dúas personas morreron.

 

También te puede interesar