
O estadio pontevedrés de Pasarón acollerá o partido amistoso Celta-Deportivo o mércores 13 de agosto, ás 21:30 horas. A recaudación das entradas destínase ao fútbol base de Galicia.
Os tickets que se porán á venda a vindeira semana, oscilan dende os 10 euros para gradas en fondos, 15 euros para Preferencia e 20 euros en Tribuna. Para menores de 10 anos, a entrada será gratuita.
A confirmación do evento do I Trofeo Federación Galega de Fútbol en apoio ao fútbol-base, tivo lugar nunha rolda de prensa entre o presidente da institución provincial, Rafael Louzán, e os dirixentes do Celta, Deportivo, Pontevedra C.F. e Federación Galega de Fútbol, Carlos Mouriño, Tino Fernández, Lupe Murillo e José Garcia Liñares, respectivamente.