A firma galega de roupa para rapaces Pili Carrera, ven de abrir a súa primeira tenda en Riad, a capital de Arabia Saudita, concretamente no centro comercial Panorama Mall, un dos máis concorridos da cidade.
A nova tenda, de máis de 100 metros cadrados de superficie, é a segunda que ten na Península Arábiga, logo da ‘flagship store’ que abriu en Kuwait, en The Avenues Mall, a área comercial máis grande deo país.
Este novo establecemento é a sexta inauguración deste 2014, logo das de Villahermosa e Guadalajara, en México, a de Ámsterdam, en Holanda, e as de Avilés e Alacante. A marca galega, creada hai máis de medio século, está presente, ademáis en Estados Unidos, Portugal, Panamá, Rusia, Marrocos e China.