O goberno local aprobou este mércores o proxecto de reforma de Balaídos por un orzamento total de 4,2 millóns de euros- 700 millóns das desaparecidas pesetas- para as dúas primeiras fases. Respecto do finanzamento da remodelación total do estadio, o alcalde anunciou que lle vai facer unha petición de colaboración á Xunta, á Zona Franca e ao Consello Superior de Deportes, ademais da Deputación de Pontevedra.
Na primeria fase das obras acometeráse o reforzo estrutural dos contrafortes exteriores da grada de Río, a substitución da cuberta e o acondicionamento xeral do estadio, cun prazo de execución de 4 meses. Respecto da segunda fase, que se prolongará 6 meses, farase a renovación da fachada de Río e o acondicionamento xeral do estadio coa mellora dos percorridos de evacuación e reparacións estructurais no interior do estadio.
Tamén este mércores, o presidente da Deputación ofreceu ao alcalde “un diálogo sen límites para sacar adiante o proxecto de reforma integral de Balaídos”. Rafael Louzán subliñou que o organismo provincial está disposto a “involucrarse ao máximo neste proxecto sempre que o Concello de Vigo se atope na mesma disposición á colaboración”.