O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego en As Neves, denunciou, durante o Pleno do Concello a “lamentable estado” no que se atopan varios parques e xardíns, vías, beirarrúas e infraestructiras municipais.
Os concelleiros do Bloque salientaron o feito de que este abandono coincida coa época estival, “na que As Neves debería ser atrativa para os turistas que se achegan ata aquí” e que coincide coa celebración de diversas festas, coma a recente Festa do Viño das Rías Baixas, a de Santa Marta ou San Nomedio.
Este días, salientaron, os visitantes que atoparon os devanditos parques e xardíns descoidados, o mesmo que a maioría das parroquias e acesos en mal estado, “comos os de As Neves e San Xosé, onde se celebra Santa Marta que presentan un aspecto, cando menos, moi mellorable”.
Os nacionalistas denuncian que “as beirarrúas son intrasitables polo seu diseño, o seu estado e a falta de control dos estacionamentos”, ademáis, advertiron ao alcalde, que as pistas, en tódalas parroquias, “están cheas de baches” e non se pode nin circular.
Os concelleiros constataron que o goberno local non aprobou nin un plan de limpeza viaria, nin de prevención de incendios, “ven entrado o verán”, nin de mantemento de edificios e infraestructuras locais, como a piscina “que amosa unha situación que é ata perigosa para os usuarios”.