A ministra de Fomento advirte que anulará a concesión da Autopista si non rematan os atrancos nas peaxes

A ministra de Fomento advertiu este sábado a Audasa, concesionaria da autoestrada, que abrirá un “expediente de anulación da concesión” se non soluciona a “reiteración de atrancos” nas peaxes da mesma.

Ana Pastor indicou que Fomento enviou xa inspectores para comprobar a situación,algo que non se fixo nunca na historia da AP-9” e afirmou que convocou á concesionaria e “abrímoslle un expediente para saber qué pasó en cada peaxe” e salientou que “si hai incumprimentos, haberá sancións e, se os incumprimentos se repiten, retiraremos a concesión”.

A ministra admitiu que pode haber intres determinados de máis tráfico pero “ante a reiteración de atrancos, hai que dar unha solución dentro do normal”, en referencia aos atrancos que padecen os usuarios os días de praia.

 

También te puede interesar