Vigo al minuto

En 2015, estarán conxeladas as taxas municipais e se rebaixará un 1,4% a contribución, o imposto de circulación e o lixo

O goberno local aprobou este venres as ordenanzas fiscais para 2015, nas que se conxelarán taxas e prezos públicos, como a da auga, e rebaixará un 1,4 % os impostos de vehículos, lixo e bens inmobles (IBI). Ademaís, logo do acordo entre PP e PSOE para aprobar os orzamentos para o ano que ven, se conxelarán as taxas e prezos públicos de expedición de documentos, cemiterio, laboratorio, desinfección, escolas infantís e municipais, axudas no fogar, música, teatro, danza, instituto municipal de deportes, zoo, licenzas de obra, ocupación de vía pública, imposto de actividades económicas, imposto de plusvalía ou o imposto de construcións.

Igualmente, tamén se elevarán un 2,8 % os mínimos exentos a pagar nas taxas de recollida de lixos, expedición de documentos, laboratorio, desinfección, escolas infantís, escolas de ensinanzas especiais, instituto municipal de deportes e zoo.

No caso do IBI, tamén se elevarán os mínimos exentos nun 2,8 % e producirase unha bonificación do 50 % a familias numerosas que excedan da renda de 8.000 €. Así mesmo, seguirá sendo posible fraccionar o pagamento deste imposto ata en 10 prazos “sen recargas nin intereses”, aínda que, se se fai en dous prazos, haberá unha redución do 30 %.

 

También te puede interesar