Máis de 30 colectivos, asociacións e organizacións non gubernamentais convocan este xoves en todo o Estado actos en solidaridade co pobo palestino baixo o lema ‘Alto o xenocidio en Gaza, solidariedade con Palestina’.
En Vigo, está convocada unha concentración silenciosa as 8 e media da tarde no MARCO para rexeitar “os crimes atroces” das autoridades israelís contra a “poboación palestina pechada en Gaza”. A Asociación da Comunidades Hispano-Palestina pediu aos cidadáns que proteste contra “esta agresión brutal”.
Diferentes formacións políticas anunciaron que trasladarán o sentir dos cidadñans ás institucións presentando condenas e mocións, tanto a nivel local como no Parlamento Europeo, unha iniciativa que será unha “demanda a escala europea” para pedir a suspendión dos acordos entre a Unión Europea e Israel polos seus “crimes de guerra”.