Facer de O Marisquiño- que este ano ten como figura central a Julio Verne-, “un evento de ámbito internacional que enche Vigo con preto de 100.000 visitantes”, unha celebración permanente que siga apostando polo deporte e cultura urbana. Esa é a intención do Concello.
Para empezar está a celebración de este ano, que será esta fin de semana -días 8, 9 e 10 de agosto- e que transformará a explanada do Náutico no escenario dun festival que xa é referente internacional no ámbito dos deportes de acción e cultura urbana, unha festa multidisciplinar con Skate Street, BMX Street, BMX Flatland, Mountain Bike, Dirt Jump, Mountan Bike Descenso, FMX Freestyle Motocross, Bboying, Trial, Graffiti, música en directo, djs e afterparty.
O Marisquiño da un paso máis en 2014 e se converte en sede de dous mundiais -skate e mountain bike-, facendo de Vigo “un punto imprescindible do mapa deportivo mundial”, como salientaron este mércores o seus organizadores.
A Copa do Mundo de Skateboard é a competición máis prestixiosa do planeta nesta disciplina e se celebra por primeira vez en España, mentres que o Circuito Mundial de Freeride Mountain Bike volve a celebrar unha proba en Vigo tras o éxito do pasado ano, un tour que chega directo desde Australia para partir despois a Crimea e China.
A edición 2014 presenta a Julio Verne e o Nautilus como imaxe gráfica central, “entendido como un homenaxe a Vigo, á literatura e á imaxinación”. Preténdese así recuperar a súa memoria para as novas xeracións e contribuir a difundir a estreita vinculación do gran escritor francés coa cidade.
O Concello, dentro do seu apoio ao festival, programou xunto á organización do evento o ‘OFF Mariquiño’, unha axenda de concertos no Auditorio Mar de Vigo que comeza mañá xoves, 7 de agosto, e se alongará diariamente ata o domingo.
A programación arranca con GALIS 115 e o grupo GROTESQUE. Para o venres 8 está prevista a actuación de FUCK AND DESTROY, ademáis de contar con mellores artistas nacionais nos premios VMA de música electrónica no 2012, THE WARRIORS. Este mesmo día pechará o cartel ALIZZ, músico de Barcelona que ven de rematar a súa xira por Estados Unidos con gran éxito.Xa o sábado 9 de agosto abrirán a xornada NASTY BASS, nun día no que o Auditorio contará coa presencia de NASTY MONDAYS, referente socio-cultural no panorama nacional. Para rematar o domingo 10 de agosto estará no recinto cultural o dj galego VENDETTA, Dj Nano e LES CASTIZOS.