MeteoSIX Mobile, unha aplicación, de balde, para móviles, de MeteoGalicia, permite consultar a predición meteorolóxica de Galicia, para dez días e por concellos. Esta app non so indica se choverá ou fará sol, senon que tamén informa do estado do mar, das praias e das horas das mareas.
Por medio da mesma pódense consultar, en tempo real, ás imaxes do radar de MeteoGalicia e do satélite Meteosat e, tamén, os vídeos destos dous servizos.
A app, que pode encontrarse en Play Store, é compatible con dispositivos Android como iOS, ‘smartphones’ e tabletas e prepárase unha versión para móviles con sistema operativo Windows e para as Blackberry.