Galicia

A Xunta asegura que autorizou a convocatoria de 306 prazas de profesores e investigadores en toda Galicia

Universidade de Vigo

Segundo asegura nunha nota de prensa, as consellerías de Educación e Ordenación Universitaria e de Facenda, autorizaron xa no que vai do ano 2014, a convocatoria de 306 prazas para docentes e investigadores para cubrir as necesidades extraordinarias do Sistema Universitario de Galicia (SUG).

A dotación “excepcional e temporal” de persoal realizouse ao abeiro do artigo 36 da Lei de orzamentos xerais de Galicia para o ano 2014, que permite disposicións específicas excepcionais á limitación contida na normativa estatal para a contratación e nomeamento de persoal temporal no sector público, dentro do que están incluídas as entidades integrantes do SUG.

“O número de contratacións excepcionais supera xa no que vai do 2014 nun 13% ás 271 realizadas en todo o ano 2013. Este número, ademais, pode incrementarse nos vindeiros meses, coas solicitudes que realicen as universidades para cubrir circunstancias sobrevidas ao longo dos primeiros meses do vindeiro curso académico”, salienta o Goberno galego.

Do total das 306 prazas, 106 foron para a Universidade de Santiago de Compostela (USC), 58 para a Universidade da Coruña (UDC) e 142 para a Universidade de Vigo (UVigo). Ademáis, salienta a Xunta, “autorizáronse a totalidade das solicitudes de concursos para a concurrencia de investigadores dos programas Ramón y Cajal e Parga Pondal, un total 12 de prazas para estes perfís de orientación investigadora. Delas, 9 correspondéronselle á UVigo (2 Ramón y Cajal, 7 Parga Pondal), 2 á UDC (Parga Pondal), e 1 á USC (Ramón y Cajal)”.

 

Te podría interesar