Galicia

Un morto e 115 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

O 061 asistiu durante esta fin de semana a un total de 115 persoas implicadas en 82 accidentes de tráfico acontecidos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres e a media noite deste domingo.

A central do 061 recibiu estes días 93 chamadas, que xeraron 82 asistencias sanitarias. O maior número de atencións por sinistros foi o venres e o domingo, con 29 accidentes cada día. Por provincias, foi Pontevedra a que rexistrou máis sinistros, con 37, seguida de A Coruña, con 28 accidentes, Lugo, con 11, e Ourense, onde se produciron seis.

Os recursos mobilizados pola Central do 061 foron 107. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a catro sinistros, as asistenciais mobilizáronse en 90 ocasións e os médicos de Atención Primaria prestaron os seus servizos en nove ocasións. As ambulancias concertadas rexistraron catro asistencias.

En 83 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios de referencia e 23 foron atendidos no mesmo lugar do sinistro. Oito feridos deriváronse ao centro de Atención Primaria correspondente e unha persoa resultou falecida.

 

Te podría interesar