45 centros educativos da cidade se benefician dos traballos de reforma que executa o Concello ao longo deste ano, cun investimento total de 540.000 €.
O Concello investirá o vindeiro curso escolar un total de 300.000 € en melloras da accesibilidade aos colexios de Vigo- un orzamento do cal beneficiaranse un total de 20 centros nos que, segundo adiantou este xoves o alcalde, están facéndose obras-. Esta cantidade súmase aos 100.000 € para outros arranxos e á mesma cantiade que se dedicou a melloras diversas en varios máis, no primeiro semestre de 2014.
As obras nas que traballa o Concello durante o mes de agosto nos colexios son, en liñas xerais, de reforma e adaptación de aseos, de reparación de beirarrúas, pavimento e escaleiras de acceso, de acondicionamentos diversos, de reparación de hortas escolares e de pintado de instalacións como as deportivas ou circuitos de educación viaria, entre outras.